O Bloque Nacionalista Galego e o Bloco de Esquerda celebraron en Vigo o seu primeiro cumio galego-portugués co obxectivo de promover unha alianza estratéxica en defensa dos intereses comúns de Galicia e Portugal. As delegacións ao máximo nivel, estiveron presididas pola portavoz nacional, Ana Pontón, e pola coordinadora nacional do Bloco, Catarina Martíns.
Pese ao amplo contido da axenda, o encontro estivo centrado en tres proxectos estratéxicos de conexión ferroviaria para o transporte de mercadorías e de persoas: a conexión ferroviaria Vigo-Porto, o Corredor Atlántico de Mercadorías con Europa e o Eixo Atlántico de Mercadorías Ferrol-Sines, infraestruturas que ambas forzas consideran prioritarias para o desenvolvemento económico e social, ganar en competitividade e para xerar riqueza e emprego.