BNG e PSdeG afirman estar preparados para un goberno de cambio

Tras o anuncio de convocatoria electoral polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, este xoves, as reaccións dos grupos políticos galegos non se fixeron esperar. Socialistas e nacionalistas afirman estar preparados para un goberno de cambio.

O candidato dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, amosou a súa satisfacción polo adianto electoral e dixo alegrarse moito de que Rueda lles fixera caso e convocara as eleccións. Xa falta menos para que Galicia pase dun goberno de confrontación a un goberno que ofreza solucións”, alegou Besteiro.

Pola súa parte, a líder nacionalista, Ana Pontón, dixo sentirse con “máis ganas, máis ilusión e máis preparada que nunca” para darlle a Galiza “o mellor goberno da súa historia”, dende “a humildade, pero tamén dende o orgullo, a ambición e a confianza de que somos un gran País e que temos todo por gañar”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha