BNG e PSdeG pedirán unha comisión de investigación sobre as residencias


Os partidos da oposición presionan á Xunta de Galicia para poñer en marcha unha comisión de investigación sobre a situación das residencias de maiores e a crise sanitaria desatada pola Covid-19 en Galicia. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, mostrou o “compromiso claro” da súa formación para traballar co “triplo obxectivo de detectar os erros” que se cometeron e “evitar caer dúas veces na mesma pedra”. Pola súa banda, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, pediu a Feijóo que “levante o veto” a investigar sobre as residencias, con “talante construtivo e positivo”, porque “cando o PP non quere investigar algo, ten os mecanismos para obstaculizar e acabar limitando as investigacións necesarias”, matizou.