A líder do BNG, Ana Pontón, comezou a súa intervención parlamentaria reprochándolle a Feijóo «hoxe é martes e estamos en Santiago de Compostela. Esta cámara é o Parlamento de Galicia, non é o Senado», «dígolle isto porque leva tantos días de campaña interna que igual pensa que isto é un mitin do PP, e desde logo os galegos non están para os seus mitins. Dóenos que vostede use a Galicia nun momento tan duro para facer campaña polo PP, queixume que non sexa capaz de estar á altura de Galicia nin no tempo de desconto», matizou Pontón.
Pola súa banda, o portavoz socialista, Luís Álvarez, díxolle a Feijóo que «necesita un ámbito de proxección que de momento non ten, e emprega o Parlamento de Galicia para proxectar a súa imaxe para todo o Estado», «Iso é bastante feo; deixa en bastante mal lugar a esta comunidade autónoma e ao presidente da Xunta». «Catro quintas partes da súa comparecencia foron dun candidato á presidencia do Goberno do Estado», afeou, «dun presidente do PP, que lle felicito por esa reñidísima contenda», concluíu.