Bo comezo do Basket Xiria ante o Porriño, pero non foi suficiente


O Calvo Basket Xiria non foi capaz de manter o ritmo do primeiro cuarto ante o Porriño Baloncesto Base e caeu derrotado no partido de LigaEBA xogado este sábado en terras porriñesas logo dunha gran subida de intensidade do equipo local xa no segundo cuarto. O equipo carballés loitaba por conseguir a terceira vitoria consecutiva, pero non puido ser. Con parciais de 19-27, 26-22, 16-13 e 20-11 o Calvo Basket Xiria terminou perdendo por 81-73.