Os atletas da AD Fogar de Carballo e Oleiros estiveron á altura dos mellores nos dous últimos frontes competivos desputados os pasados 4 e 12 de novembro. Datas nas que oito tomaban parte en Balaídos na 3ª e a 4ª xornada das series municipais que compoñen o 7º Circuíto do Concello de Vigo. Na xornada do día 4 de novembro, José M. Negreira batía o mellor rexistro do club dos 17 anos nos 60 metros valos e remataba a proba como 2º clasificado. Na xornada deste domingo 12 de novembro acadaron un bo lote de novos rexistros destacando os récords do club de José M. Negreira en lonxitude 17 anos, os de Kevin Pallas nos 60 e os 300 metros lisos 15 anos, o de María L. Brandón nos 300 metros lisos 14 anos e o de Ana Ézara nos 300 metros lisos 13 anos. Desta volta os postos de podio foron para Andrea Lamas como 1ª clasificada nos 400 m.l., para María L. Brandón como 2ª clasificada nos 1000 m.l., para José M. Negreira como 2º clasificado no concurso de lonxitude e para Kevin Pallas como 3º clasificado nos 300m.l.
43