O sábado15 de xullo celebrábase en Ferrol o Campionato Galego de Menores e Supersprint, probas na que os da AD Fogar de Carballo e Oleiros estiveron representados por 22 triatletas, dous dos cales subían ao caixón dos premiados; Inés Duarte como subcampioa galega cadete e Joel Barcia como 3º clasificado desta mesma categoría. Compre destacar tamén os concursos de Oscar Alberte como 4º clasificado cadete, Adrián Sancho e Hugo Souto como 4º e 5º clasificados xuvenís, Rubén Otero como 6º júnior, Tadeo Suárez e Carla Vicente como 5º e 8ª da categoría benxamín e Irene Santomé e Manuel López como 6ª e 7º da categoría Infantil. No conxunto por equipos os da AD Fogar foron 4º no Galego de Menores e 4º no Galego Supersprint. Por outra banda o mesmo sábado, Anxo Bello e Michel Núñez tomaban parte no Nacional de Dúatlon Cros de Almazán onde Anxo Bello remataba 8º xuvenil e Michel Núñez era 10º cadete. E xa para rematar compre informar tamén da participación de Andrés Prieto en Hamburgo con motivo do Mundial de Tríatlon Sub23 de Substitucións Mixtas sobre distancia supersprint, no que saía en primeira posta do combinado nacional que remataba na 10ª praza. A vindeira cita para a AD Fogar será os días 21 e 22 de xullo en Banyoles, onde Hugo Souto tomará parte co equipo nacional no Europeo Youth e o equipo absoluto masculino competirá no Nacional de Tríatlon de Clubs na 3ª División.
35