Bo partido do Calvo Xiria que suma e segue na Cañiza, (24-33)

1 minutes read

O conxunto carballés colleitou unha importante vitoria este domingo ante o Balonmán Saeplast Cañiza, un conxunto sempre complicado, aínda que nesta ocasión bastante mermado polas baixas. O equipo local abría o marcador no primeiro minuto, mantendo o dominio a ritmo baixo, pero cunha ventaxe de dous tantos ata o minuto 11. A partir de ahí un golazo de David Pichel marcaba o inicio da recuperación do Calvo Xiria, sería o propio Pichel o que poñía as tablas no marcador desde os 7 metros no minuto 13, 7-7. Imprecisións no ataque local con pérdidas de balón propiciaron que xunto cunha boa colocación en defensa o Calvo Xiria fose quen de chegar ao descanso cunha vantaxe de dous tantos, 12-14. Na reanudación, todo por decidir, tras unha exclusión dun xogador local, o Calvo Xiria aproveitou para irse de catro goles cando peor o estaba a pasar. Na recta final, misión imposible para o Cañiza que a falta de sete minutos perdía de seis tantos. A estratexia do adestrador local non foi quen de parar o avance do conxunto carballés, que logrou unha cómoda vitoria con nove tantos de superioridade, 24-33. A semana que vén, regresa o balonmán ao Vila de Noia, para ver o enfrontamento entre o Calvo Xiria e o Magope Seis Do Nadal.