Trátase dunha campaña contra a violencia de xénero promovida polas distintas administracións, Goberno central, Xunta e Concello.
Persoal da concellaría de Cultura, promotora da iniciativa, e do Programa de Volutariado Xuvenil, achegáronse ata o IES Eduardo Pondal para seguir informando e formando arredor da igualdade.
Nesta ocasión traballaron con dous grupos de alumnado, co que fixeron unha serie de dinámicas co teléfono móbil, co ordenador e tamén con murais para facer reflexionar aos mozos e mozas sobre a igualdade e promover entre eles e elas actitudes de respecto. A participación foi moi numerosa e activa, tanto nas aulas coma nas actividades que se desenvolveron durante o recreo nos corredores do centro.
Os rapaces e as rapazas participantes recibiron o seu carné de socio/a de Ponteceso Actúa, que leva na parte posterior información e teléfonos de contacto relacionados coa loita contra a violencia de xénero. O carné está dispoñible tamén en braille e con pictogramas, a prol de que a campaña sexa inclusiva.