Boa actuación dos atletas da A.D. Fogar en Ribadeo e Ourense

1 minutes read

Esta fin de semana once atletas da A.D. Fogar de Carballo e Oleiros tomaron parte en dúas das probas do calendario rexional; por unha banda a Final Galega de Campo A Través Escolar e pola outra un dos controis federativos de marcas en pista curta que se están a celebrar na Expourense neste mes de xaneiro.

No referente á Final Galega de Cros Escolar Xogade celebrada na localidade de Ribadeo, o equipo cadete masculino da A.D. Fogar rematou nunha meritoria 5ª praza con Iago Bello cruzando a meta no 16º posto, Hugo Tuñas no 23º, Alejandro Yera no 32º, Martín Cid no 51º e Pedro Rodríguez no 59º.

En canto ao Control Federativo de Marcas en pista curta desputado na Cuberta da Expourense, Iria Barreiro foi 2ª nos 400 m.l. e 7ª nos 60 m.l. batendo as mellores marcas do club dos 17 anos e tamén as absolutas nas dúas probas. Na proba dos 60 m.l. Ana Ézara bateu tamén o mellor rexistro do club dos 16 anos rematando na 22ª praza e foi 12ª nos 400 m.l., proba esta última na que María Líu Brandón rematou 15ª e Sara García 17ª. Pedro Mesejo o único representante masculino da A.D. Fogar foi 5º nos 60 m.l.