Boa actuación dos cinco atletas da AD Fogar no Galego Sub 18


Cinco atletas da AD Fogar tomaban parte no Campionato Galego Sub18 ao aire libre que se celebraba na Pista de Atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra. Alí calaron unha máis que destacada actuación acadando oito mellores marcas persoais, outros tantos récords do clube e sete tops 10 entre os mellores atletas galegos. Os resultados máis destacados foron os 4º postos de Diego Grille nas probas de 200 e 400 m.l. e de Andrea Lamas nos 200 m.l. que mantiveron en todo momento a súa loita polas medallas. Tamén o 7º posto de Sergio Suárez no concurso de peso e da remuda masculina por equipos do 4×100 m.l. Nesta mesma liña José Manuel Negreira foi 8º en altura e 10º nos 800 m.l. Desta volta as mellores marcas do clube conseguíanas Diego Grille (17 anos) e Mateo Castro (16 anos) nas probas de 200 e 400 m.l., Andrea Lamas (16 anos) nos 200 m.l., Sergio Suárez (16 anos) en lanzamento de peso, José M. Negreira (16 años) nos 800 m.l. e a remuda masculina sub18 do 4×100 m.l.