Bo traballo do Salvamento Acuático Laracha no campionato galego Master de inverno

3 minutes read

O campionato galego Master de inverno de Salvamento e Socorrismo celebrouse a pasada fin de semana en Caldas de Reis, na piscina Antía García Silva.

O club SAL (Salvamento Acuático Laracha) rematou o campionato sendo o 3º mellor club de Galicia na modalidade masculina e 5º mellor club na clasificación xeral do campionato.

O campionato organizouno o Club Acuático Umia en colaboración coa FESSGA e con Concello de Caldas de Reis.

Todos os deportistas que participaban pertencían á categoría Master que comprende os maiores de 30 anos con probas adaptadas para os diferentes tramos de idade.

Os deportistas do SAL máis destacados foron:

En Master masculino:

Luis Rubén Caamaño Verdes (1982):

  • 2º 100 m. socorrista
  • 1º 200 m. natación con obstáculos
  • 2º 100 m. remolque de manequín con aletas
  • 5º 50 m. remolque de manequín

Diego Castiñeiras Rwgueira (1975):

  • 3º 100 m. socorrista
  • 5º 200 m. natación con obstáculos
  • 7º 100 m. remolque de manequín con aletas
  • 5º 50 m. remolque de manequín

Juan Jose Gonzalez Ramil (1965):

  • 7º 100 m. remolque de manequín con aletas
  • 9º 100 m. natación con obstáculos
  • 9º 100 m. Socorrista

Miguel Angel  Varela Rodríguez (1977)

  • 5º 100 m. socorrista
  • 8º 100 m. remolque de manequín con aletas
  • 11º 50 m. remolque de manequín

En Master feminino:

Patricia Varela Rama (1978)

  • 10ª 100 m. socorrista
  • 10ª 100 m. remolque de manequín con aletas

Nos relevos:

Master masculino:

  • 2º Lanzamento de corda (Ruben Caamaño e Diego Castiñeiras)
  • 3º 4×25 m. relevo remolque de manequín (Diego, Juan, Miguel e Rubén)
  • 3º 4×50 m. relevo combinado (Diego, Juan, Miguel e Rubén)
  • 4º 4×50 m. relevo natación con obstáculos (Diego, Juan, Miguel e Rubén)
Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?