O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, reuniuse co novo presidente da Autoridade Portuaria da Coruña, Martín Fernández Prado dentro da rolda de encontros de traballo que o novo responsable do porto coruñés está a manter con diferentes institucións.
Ambos manifestaron a súa disposición a colaborar en temas estratéxicos de futuro para a provincia da Coruña e coincidiron na importancia do porto como estrutura de carácter metropolitano e no seu potencial para a creación de emprego, a reindustrialización e a potenciación do turismo e abordaron cuestións coma o reto de posicionar a Punta Langosteira coma unha referencia no ámbito das novas enerxías, a potenciación da pesca ante o novo reto do Brexit, o reforzo do liderazgo do porto coruñés no sector de determinados graneis coma os cereais.
Ademais abordaron o novo horizonte que se abre na Coruña coa esperada integración dos terreos portuarios na cidade, subliñando que o diálogo e e o consenso entre as administracións e entidades sociais e empresariais será determinante para que o proceso poda levarse a cabo con éxito.