Boas novas tras os traballos no dolmen de Pedra Cuberta, en Vimianzo

3 minutes read

Rematou a campaña de excavación no dolmen de Pedra Cuberta coa mellor nova que se podía agardar: as pinturas do interior atópanse en bo estado. Os traballos realizáronse en dúas fases: a primeira, unha sondaxe no exterior da cámara para verificar a existencia ou non de coiraza e o estado do túmulo. A segunda, a escavación dos depósitos máis recentes no interior do corredor e da cámara para acadar o nivel observado por George Leisner en 1933, deixando así á vista todas as pinturas.

Identificáronse un total de 26 depósitos diferentes que contiñan materiais, tanto recentes como prehistóricos, especialmente dúas puntas de frecha, así como hematites, é dicir, óxidos de ferro que empregaron para as pinturas da cámara e do corredor.

A modo de conclusión, pódese dicir que a técnica pictórica é moi boa, pola resistencia observada tras todos os anos de exposición ós fenómenos atmosféricos; que moitas delas se cubriron de liques e algas, ocultándose e agredindo a pintura; que os restos de pintura conservada coinciden en xeral co rexistrado por Leisner; que siguen existindo as cores vermellas e negras, sobre un revoco branco e que se estudarán as diferentes fases de aplicación da pintura para coñecer con máis detalle o seu contexto.

Autoridades no lugar.

Isto servirá, principalmente, para determinar outros datos técnicos e cronolóxicos, así como saber as mellores condición de conservación de cara o futuro. No acto de clausura estiveron presentes a alcaldesa, Mónica Rodríguez; a concelleira de Cultura, Rosa Blanco; a concelleira de Promoción Económica, Beatriz Pazos; a concelleira de Benestar Social, María José Pose e o deputado provincial de Patrimonio da Deputación da Coruña, Xosé Lois Penas.

Posteriormente, ás 19:00 horas, a Sala de Vídeo da Casa da Cultura acolleu unha conferencia para que o público asistente á visita guiada das 17:30 horas puidese coñecer a valoración técnica do atopado durante os traballos. Estivo drixida polo arqueólogo Fernando Carreira.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, agradeceu a asistencia de todos e todas as presentes, “por acompañarnos aquí e por amosar o interés por unha das nosas xoias. Estamos aquí para contemplar algo único e quero agradecer tanto á Xunta de Galicia, á Universidade de Santiago de Compostela e á Deputación da Coruña pola súa implicación, tamén ó equipo de traballo polas tarefas realizadas, así como a Mariví e Víctor, traballadores municipais”. A rexedora quixo sinalar tamén que unha rapaza do equipo arqueolóxico, Eva, era de Pasarela, a mesma parroquia de Rodríguez. “Coñezo a esta rapaza desde que era pequena e acabo de enterarme que integraba o equipo de escavación, o que é un auténtico orgullo”.

Pola súa banda, o deputado provincial, Xosé Lois Penas, afirmou que “é unha auténtica marabilla ver aquí nenas e nenos tan pequenos; temos a obriga de crear conciencia non só para poñer en valor todos os tesouros que temos da provincia, que son moitos, senón de conservalos”, concluíu.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?