- A edición de portas abertas nos concecionarios segue hoxe e mañá.
Máis de 600 turismos locen resplandecentes e con suculentas ofertas nos 11 establecementos participantes no novo formato desta edición 2020 de Berocasión en Carballo. Este venres xa foron moitos os visitantes que se achegaron polos concesionarios en busca das gangas de primeira hora e xa se pecharon unhas cantas vendas, as ofertas continúan durante todo este sábado e tamén o domingo. Nas súas exposicións atoparemos vehículos de Km.0, seminovos, industriais, de ocasión, nacionais ou de importación. Os locais participantes estarán abertos en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Automóbiles Dimolk-Peugeot, Baleato Motor-Renault, Rebalcars, Antamotor- Nissan, Corgal Automóbiles- Kia, Vilas Rama-Citröen, V- Car, Automóbiles Juan Lema, Bercauto, Breogán Motor-Toyota e JGCar, son os participantes na edición deste ano 2020, que por motivo da Covid-19 adquiriu un novo formato de portas abertas nos concesionarios participantes.