Boas sensacións do Salvamento Acuático Laracha na Copa de España de Piscina

O 5 e 6 de febreiro tivo lugar na piscina Rosario Dueñas de Ourense a Primeira Xornada da VI Copa de España de Piscina.
Os obxectivos dos deportistas laracheses foron mellorar as súas marcas e aumentar a súa experiencia en competicións nacionais, loitando por acadar as mínimas para poder acudir ao Campionato Galego e ao Campionato de España das súas respectivas categorías.
O sábado 5 competiron nas categorías xuvenil: Nerea Mallo, Martina Sanz, Claudia Diez, Álvaro Hidalgo, Anxo López, Pablo Nicolás Rodriguez e Eloy Ferreiro; xunior: Mara Puñal, Froilán Pensado e Pablo Amado; e en categoría absoluta: Cristóbal Pensado e Damián Cotelo.
Case todas e todos participaron nas probas 100m socorrista e 100m remolque de maniquí con aletas; ademais, Anxo e Nerea participaron nos 200m supersocorrista e Anxo e Froilán na 100 m combinada de salvamento.
Os resultados a destacar son 4º, 8º e 10º posto en 100m socorrista de Nerea, Anxo e Pablo.
Un 2º posto de Anxo na proba 100m combinada de salvamento e un 2º e 6º posto na 200m supersocorrista, novamente de Anxo e Nerea. Así como un 7º posto de Álvaro no 100m remolque de maniquí con aletas.
O domingo 6 competiron na categoría cadete: Lucía Añón, Iria Barreiro, Gabriela Paulos, Juan Martín Rodriguez e Luis Negreira. Todas e todos participaron na proba 100m remolque de maniquí con aletas e na 200m supersocorrista.
En 100m remolque maniquí obtiveron un 7º posto Juan Martín, 12º Luis, 19º Lucía, 31º Iria e 36º Gabriela.
Nos 200 m supersocorrista, Luis e Juan Martín quedaron 6º e 8º, mentres que no equipo feminino contamos cun 12º posto de Lucía, 29º de Gabriela e 33º de Iria.
Todos finalizaron o Campionato con moi boas sensacións, marcas melloradas, mínimas acadadas e máis ganas de seguir adestrando e mellorando.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha