Boas sensacións do Sofán en Vilalba, a pesar do resultado (3-2)

SD Sofán.

Bo partido o disputado na Magdalena onde a Sd Sofán non foi quen de puntuar, a pesar de que entrou ben no partido pero no minuto 20 un tiro de Pedrosa toca en Canedo e desvía o balón para poñer o 1-0.
O Sofán tivo varias chegadas de perigo pero non puido materializar.
Asi chegouse o descanso. Na reanudación a SD estirouse e no minuto 52 tras unha internada de Artai na área, cede o balón a Eibe que empata de tiro cruzado, 1-1.
Pouco lles durou a alegría os visitantes porque no minuto 53 unha boa internada de Vela que acaba cedendo a Cuadrado poñería o 2-1 no marcador.
A Sd moveu o banquillo e incorporou máis xente no ataque pero no minuto 77 Vela pon o 3-1.
No tempo de desconto a SD recortou distancias por medio de Paulo no minuto 93, 3-2, pero xa non habería tempo para máis.