A SD Sofán estreouse con nota e puntuando na Terceira División, ante todo un veterano da categoría como é o Rápido de Bouzas. Os primeiros 10′ foron de chegadas visitantes, sobre todo a balón parado, pero unha vez que a SD Sofán se quitou a presión inicial comezou a chegar a meta de Vila, primeiro nun tiro lonxano de Eibe e despois nun remate de Paulo. No 17′, e tras unha saída de balón de Gody que filtra un pase interior a Fabián e este cede a Paulo que non e capaz de remachar no man a man con Vila e inaugurar o marcador. Pero no 22′, a historia fixo xustiza e quen senon… o incombustible Raúl marcaba o primeiro gol na categoría, non podia ser de outro xeito, poñia o 1-0 tras un remate de cabeza. A SD atopabase cómoda e empezou a pisar máis área rival, con 2 novos disparos de Paulo, e antes do descanso unha boa acción de Kolie atallao de novo Vila. Así chegaríase o descanso e tras o paso por vestiarios máis do mesmo, o Rápido sufría coas transicións da SD e non estaba cómodo no terreo de xogo, mentres a SD seguía chegando con perigo. Pero no 80′ e tras unha falta na frontal chegaría o gol do Rápido tras o rexeite de Julián que remata Sanabria o fondo da portería, acción moi protestada polos locais. Antes do final un trallazo de Borja desde a frontal rexeitao Vila con problemas, pero o marcador xa non se movería. En resumo resultado xusto a repartición de puntos. O conxunto do Rápido valorou moi positivamente a loita do se equipo tralo encontro, engadindo que «un terreo de xogo de dimensións tan reducidas, (98×55), non debería acoller partidos de competicións nacionais». Bo estreno na categoría, boas sensacións e sobre todo volta o fútbol o Carral nun ano ilusionante para todos. Fonte_SD Sofán.
34