Boas sensacións no debut do Calvo Basket Xiria en Ferrol, a pesar da derrota


Debut do Calvo Basket Xiria na categoría de Primeira División masculina. Non o fixo con bo pé no cómputo global, pero si deixou boas sensacións. Para mostra o segundo cuarto, onde o equipo carballés lograba un resultado moi superior ao do seu rival, o Costa Ártabra de Ferrol, 17-30. Foi un espellismo, pero dá motivos para ser positivos e ter a esperanza de que o equipo ten poderío. O resultado global foi de 23-22, 17-30, 23-10 e 17-13, cun 80-75 ao final do partido. A derrota non foi avultada e toca seguir traballando pensando xa no próximo partido.

Declaracións ao final do partido do adestrador do Calvo Basket Xiria, Héctor Méndez.