Boborás terá un novo centro de saúde que aumentará un 40% a superficie do actual

1 minutes read

O novo centro de saúde de Boborás, en Ourense, vai ter 650 metros cadrados e nel contarase cun espazo específico para a consulta do programa da muller. Ademais, terá unha sala polivalente que poderá usarse para a atención de casos urxentes ou para a realización de técnicas. Tamén terá unha sala específica para casos de patoloxías respiratorias, co obxecto de garantir que, no caso da covid ou de calquera outra infección semellante, a atención a este paciente non comprometa nin aos outros usuarios nin aos profesionais.

Dende o punto de vista do profesional tamén haberá unha mellora importante nas instalacións, xa que o novo centro contará cunha sala de xuntas, vestiarios e almacén. Terá, así mesmo, dúas consultas de medicina xeral e dúas de enfermería, coas dimensións establecidas nos criterios asistenciais unificados do Sergas.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e a alcaldesa, Patricia Torres, asinaron o convenio para edificar este novo centro nunha parcela cedida polo concello.