44
A partir de agora é obrigatorio usar máscara no transporte público. As estacións deben reforzar a sinalización e organizar os espazos de tránsito para evitar amoreamentos. Os negocios con superficies menores de 400 metros poden abrir ao público con cita previa, atención individual e horario preferente para maiores de 65 anos. Hai que hixienizar os locais, polo menos, dúas veces ao día e, no caso dos probadores, despois de cada uso. Os bares e restaurantes comezan a semana coa posibilidade de despachar produtos para levar. Iso si, deben garantir unha separación de dous metros entre a clientela e asistencia personalizada.
Podes consultar o BOE nesta ligazón: https://www.boe.es/boe/dias/2020/05/03/