Boimorto e Boqueixón contarán cun programa formativo sobre disciplina urbanística

1 minutes read

Así llo trasladou o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU), Jacobo Hortas, aos responsables municipais de ambos concellos, cos que mantivo unha reunión de traballo individual para facer un seguimento dos resultados da súa colaboración e tenderlles á man a continuar estreitando lazos.

En concreto, o responsable da APLU achegouse ata Boimorto para reunirse coa alcaldesa, María Jesús Novo, e facer balance da relación que manteñen desde hai xa máis dunha década o seu departamento e o Goberno municipal, que ambos consideraron “moi satisfactoria”. Neste sentido, cómpre lembrar que este concello coruñés foi dos primeiros en adherirse á APLU —concretamente, en marzo do ano 2009— e polo tanto, un dos que máis tempo leva con parte das súas competencias urbanísticas delegadas.

De igual xeito, Jacobo Hortas mantivo outra entrevista co alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández, coincidindo precisamente co primeiro ano desde que o concello lle cedeu á Axencia as competencias de inspección, supervisión, sanción e restablecemento da legalidade urbanística en solo rústico, urbanizable e en núcleos rurais.

En ambos casos, o director da APLU agradeceu aos rexedores a súa cooperación e a dos seus respectivos técnicos municipais para facilitar o labor dos inspectores autonómicos. Neste sentido, subliñou a importancia que ten a Axencia para entidades locais de menos de 5.000 habitantes como Boqueixón, onde a delegación das competencias urbanísticas se estende a calquera tipo de obras e usos do solo, aínda que non estean suxeitos a licenza.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?