O Concello de Boiro vén de sacar a licitación as obras de instalación de auga potable na parroquia de Bealo. Con estas obras, financiadas con cargo ao Plan Único (POS+2020) da Deputación da Coruña, vaise completar a actuación para a dotación de auga potable das vivendas na parroquia de Bealo que quedaron sen servizo nas dúas primeiras fases de execución desta obra. Coa actuación que agora está en licitación vaise completar a rede de auga potable programada e vaise dar servizo ás vivendas mais afastas da rede principal de abastecemento. Coa obra preténdese executar a zona lateral dos beirís das vías existentes, dun total de 5.160 metros repartidos en seis tramos para proceder á instalación do tubo principal de abastecemento. Logo desta actuación vaise realizar a conexión do abastecemento a cada vivenda, ata o pé da propiedade, que se vai realizar en arqueta e con chave de corte, para logo repoñer o pavimento danado.
Boiro | Bealo contará cunha nova traída de auga grazas ao Plan Único da Deputación
Cedida.