Boiro e Noia estrean os seus primeiros supermercados Alcampo

2 minutes read

As localidades coruñesas de Boiro e Noia estrean os seus primeiros Alcampo Supermercado. Este venres abríronse as portas da tenda situada na rua Principal s/n de Boiro, e o día 9 de xuño fará o mesmo o centro localizado na estrada De Loxe, s/n, de Noia.

Con estas aperturas, Alcampo pon ao dispor dos veciños de ambas as localidades e da súa área de influencia unha superficie de sala de vendas de máis de 1.600 metros cadrados, que será atendida por un persoal global composto por unha vintena de traballadores.

Os supermercados abrirán de luns a sábado en horario ininterrompido de 09.00 a 21.30 horas. O centro de Noia ofrece en libre servizo unha ampla variedade de produtos frescos, droguería e perfumería. A tenda de Boiro incorporará, ademais, mostradores tradicionais de peixaría e carnicería, queixos e charcutería, atendidos por profesionais de oficio, así como unha panadería autoservizo con venda a granel de produtos recentemente enfornados.

A insignia Alcampo, fiel ao compromiso co bo, o san e o local, dá a opción aos seus clientes de escoller entre as máis de 12.000 referencias que se atopan nos seus lineais, incluíndo unha ampla variedade de alimentación de produtos procedentes de lonxas galegas, gandeiros, envasadores, pequenos industriais e agricultores de Galicia.

E é que unha das máxima de Alcampo é seguir colaborando, como vén facendo historicamente, con empresas agroalimentarias da contorna onde se asentan os supermercados, na súa maioría pequenos produtores, co obxectivo final de preservar a riqueza gastronómica da zona, ofrecer un plus de calidade e trazabilidade, reforzar o coidado do medio ambiente e da contorna social, así como impulsar a reactivación da economía da zona.

Todos os clientes poderán, ademais de comprar in situ na tenda, adquirir os produtos en alcampo.es, solicitar o servizo de compras a domicilio (dispoñible en Noia desde o 22 de xuño) e realizar, desde o 15 de xuño no caso de Boiro e do 22 de xuño no caso de Noia, recollidas programas nos propios centros. Para facilitar as compras, ambos os supermercados dispoñen de aparcadoiro con capacidade para aproximadamente un centenar de vehículos.

A inauguración destes dous supermercados posibilitará aos seus habitantes acceder á calidade dos produtos dunha marca consolidada non só en España senón a nivel internacional, que respecta valores como a boa alimentación e que demostra o seu compromiso social e ambiental. Pero non só eso. Alcampo é líder indiscutible en prezo, xa que ano tras ano a cesta da compra nos seus centros é recoñecida como a máis barata do país.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?