O ministro de Presidencia, Félix Bolaños, pediu este venres ao PP que retire o recurso de amparo que presentou ante o Tribunal Constitucional (TC), co que busca paralizar a tramitación parlamentaria das emendas que modifican o sistema de elección dos maxistrados do alto tribunal para desbloquear a súa renovación, porque, segundo dixo, «é ir demasiado lonxe pedir que se pare unha votación democrática dun Parlamento democrático» e tería «consecuencias impredicibles para a democracia».
Pero a súa petición non cambiou a posición dos populares, que descartan retirar un recurso que o seu líder, Alberto Núñez Feijóo, volveu a defender este venres. «Calquera cidadán pode recorrer as sentenzas», precisou en declaracións á prensa.
Bolaños cre que o PP está «tensionando» as institucións democráticas, o Congreso, o Senado e o TC cun recurso que «pretende que ocorra algo que non ocorreu en 44 anos de democracia nin ocorre en ningún país democrático do mundo»