36
Esta escalada das tensións chega despois de que o país andino denunciase o pasado venres que o corpo diplomático de España acudiu á residencia da embaixadora mexicana acompañado de «axentes armados» e «encapuchados». O presunto incidente foi catalogado pola cancillería boliviana como un «atropelo» á súa soberanía. O Goberno interino de Bolivia da 72 horas á embaixadora de México, María Teresa Mercado, e a dous funcionarios españois para abandonar o país. Polo lado español, trátase de Cristina Borreguero, encargada de negocios e Álvaro Fernández, encargado dos Asuntos de Consulares na capital. Tamén están expulsados varios policías.