Bolivia dalle 72 horas a diplomáticos españois para saír do país


Esta escalada das tensións chega despois de que o país andino denunciase o pasado venres que o corpo diplomático de España acudiu á residencia da embaixadora mexicana acompañado de “axentes armados” e “encapuchados”. O presunto incidente foi catalogado pola cancillería boliviana como un “atropelo” á súa soberanía. O Goberno interino de Bolivia da 72 horas á embaixadora de México, María Teresa Mercado, e a dous funcionarios españois para abandonar o país. Polo lado español, trátase de Cristina Borreguero, encargada de negocios e Álvaro Fernández, encargado dos Asuntos de Consulares na capital. Tamén están expulsados varios policías.