Bombeiros comarcais de toda Galicia esixen en Carballo a cobertura das prazas comprometidas en 2024

Máis dun centenar de bombeiros comarcais de toda Galicia manifestáronse este xoves en Carballo, onde se atopa a sede do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento, para pedir que se cubran as 102 prazas que se acordaron incorporar no acordo ao que se chegou tras unha folga realizada en 2024. O obxectivo e mellorar as condicións laborais e a estabilización dos traballadores que se encontran cun contrato interino. Con esta nova protesta queren dirixirse especialmente á xerencia, reprochándolle que «non hai xestión».

Related posts

O Concello de Camariñas reforza a prevención de incendios coa contratación de cinco traballadores

O goberno local da Laracha reafirma o seu rexeitamento á planta de biogás de Soandres

O IES Eduardo Pondal de Ponteceso acolle unha acción formativa para desempregados en mantemento de carrozarías de vehículos