40
Os bombeiros do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña, integrado pola Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia, realizan estes días tarefas de limpeza e desinfección en rúas e espazos públicos dos concellos coruñeses.
Dúas dotacións pertencentes aos parques de Betanzos e Arzúa realizaron labores de desinfección nas inmediacións e zonas de acceso ao centro penitenciario de Teixeiro (Curtis) empregando máis de 8.000 litros de auga mesturada con hipoclorito sódico.
Os traballos continuarán nos vindeiros días con limpezas en lugares especialmente sensibles coma accesos a centros de saúde ou residencias de maiores.