Será o persoal do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude o que imparta esta formación, que terá lugar en horario de mañá (de 10,00 h. a 14,00 horas) os sábados 7 e 21 de maio, o 4 e 18 de xuño e o 2 de xullo.
Neste senso, o obxectivo principal deste curso, que contará cunha duración de 20 horas, é facilitar aos apicultores coñecementos sobre mecanismos de reprodución das súas colmeas e dotalos de recursos técnicos suficientes que lles permita aumentar os seus colmenares e, polo tanto, mellorar as colleitas.
Tamén se pretende dar unha formación para realizar unha mellora xenética das raíñas, co fin de dar continuidade aos seus enxames e, mellorar así, a rendibilidade das explotacións apícolas. Por último, daranse pautas de manexo para un correcto inicio da campaña de posterior recollida de mel, tras a floración da primavera.
Este curso está dirixido a calquera persoa vinculada profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como mozos e mozas do medio rural galego e persoas con expectativas de incorporación ao sector.