Boqueixón apoia que a Festa da Filloa de Lestedo sexa Festa de Interese Turístico Nacional

1 minutes read

O Pleno do Concello de Boqueixón, reunido de forma extraordinaria apoiou por unanimidade a solicitude da Asociación Cultural da Filloa para que a Festa da Filloa de Lestedo sexa declarada como Festa de Interese Turístico Nacional. “Estamos seguros de que a Festa da Filloa de Lestedo cumpre cos requisitos necesarios para ser declarada Festa de Interese Turístico Nacional e que así queda acreditado na documentación técnica presentada, que amosa unha vez máis o gran traballo tanto da Asociación como dos veciños e veciñas de Lestedo”, asegurou o alcalde, Ovidio Rodeiro. Deste xeito, a Asociación Cultural da Filloa sumará este apoio plenario a toda a documentación recollida nunha memoria explicativa de case 800 páxinas que presentará diante da Secretaría de Estado de Turismo.