Boqueixón aproba o orzamento de 2023, que ascende a máis de 4,2 millóns de euros


O concelleiro de Economía e Facenda, José Manuel Iglesias, foi o encargado de resumir os principais puntos dunhas contas investidoras, que reforzan os servizos sociais que se prestan á veciñanza e que non recollen incremento ningún en taxas e impostos. Iglesias volveu insistir un ano máis en que o capítulo de inversión reais, como todo o orzamento, é un documento vivo e  que se irá modificando “en función das necesidades e das subvencións que vaiamos conseguindo xa que o Concello de Boqueixón conta con remanentes que nos permiten tanto facer fronte á nosa parte dos convenios como acometer con fondos propios calquera actuación que sexa necesaria”.