Un total de 177 veciños e veciñas de Boqueixón participarán este ano nas actividades deportivas para adultos no renovado ximnasio municipal do Forte. Ximnasio e pilates son as actividades máis demandadas, con 50 e 29 persoas inscritas, respectivamente. A ximnasia rítmica e o zumba contan con 19 alumnos/as, mentres que a ximnasia para maiores, a bailoterapia e o patinaxe contan con 16, 15 e 10 persoas usuarias.
Tamén haberá pilates en Ledesma, con 19 persoas inscritas. Porén, as actividades de zumba en Lestedo e Camporrapado non comezarán aínda, xa que non se reuníu un grupo mínimo de 10 participantes. Se estás interesado/a en obter máis información ou anotarte, o concello de Boqueixon ten a disposición o seguinte enderezo electrónico: deportes@boqueixon.com. Ca renovación do ximnasio, os usuarios accederán mediante un código personaliado.