Boqueixón celebrará do 15 ao 17 a I Mostra de Calidade Alimentaria


A cita será no Pazo de Quián, situado no lugar de Sergude, no concello coruñés de Boqueixón. Así o avanzou o conselleiro do Medio Rural, José González, na presentación do convenio entre a empresa Culinaria e a Asociación de Criadores de Galo de Curral de Vila de Cruces para a promoción deste produto como referente de excelencia gastronómica.  A I Mostra de Calidade Alimentaria será un encontro de produtos e produtores que ao longo de tres xornadas acollerá a entrega dos xa coñecidos premios Exceleite, así como os das Catas de Queixos e Meles de Galicia 2021, entre outras moitas accións. O titular de Medio Rural estivo acompañado neste acto polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, e polo director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros.