O pleno de Boqueixón vén de aprobar unha modificación de crédito de 105.527 euros con cargo ao Remanente Líquido de Tesourería para acometer unhas actuacións “que responden ás necesidades e peticións achegadas polos veciños e veciñas da vila”, explica o concelleiro de Economía e Facenda, José Manuel Iglesias. Entre as actuacións máis importantes figuran a mellora do viario entre A Pena e A Moa, na parroquia de Loureda, onde investirá 159.887,63 euros. “Trátase dunha obra que temos previsto facer dende hai tempo e que agora podemos finalmente acometer”, apunta o voceiro do Grupo de Goberno. O Concello de Boqueixón investirá a maior parte dos cartos desta modificación de crédito en materia medioambiental e recollida de lixo. Entre os distintos proxectos previstos figuran a adquisición dun camión para a creación dun punto limpo móbíl, por un importe de 71.390 euros.
23