Boris Johnson anunciou o día do fin das restricións no seu país

O próximo 19 de xullo, se todo avanza segundo o previsto, os británicos dirán adeus á máscara, ás normas de distanciamento social, ao límite de aforos e de visitas. O primeiro ministro apuntou que a decisión última tomarase o próximo 12 de xullo.

Boris Johnson destacou ante os medios: «Permitiremos a reapertura de todos os negocios, incluídas as discotecas, levantaremos o límite de visitas ás residencias de anciáns e do número de persoas que asisten a concertos, teatro e eventos deportivos. Poñeremos fin á norma de máis dun metro de distancia social e á obrigación legal de levar máscara, aínda que se suxerirá por que se pode optar por facelo, especialmente cando os casos aumenten e cando se entre en contacto con persoas coas que non se adoita coincidir en espazos pechados, como o transporte público, que obviamente estará moi concorrido.»

O anuncio faise no medio dun aumento de contaxios pola variante delta. O 86 por cento da poboación adulta xa recibiu a primeira dose da vacina e o 63,8 a pauta completa.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha