A Cámara dos Comúns deu luz verde este mércores a unha lei para obrigar ao Goberno británico a pedir unha prórroga á saída da Unión Europea (UE) se non chegou a un acordo con Bruxelas o 19 de outubro. Os deputados apoiaron por 327 votos a favor e 299 en contra unha lexislación que pasará agora á Cámara dos Lores, antes de recibir previsiblemente o asentimento da xefa de Estado, a raíña Isabel II, nos próximos días. Boris Johnson retou este mércores a Jeremy Corbyn a apoiar a convocatoria de eleccións anticipadas o 15 de outubro para romper o ‘impasse’ político. O ‘premier’ presentou a súa proposta no Parlamento, a pesar das dificultades previstas para alcanzar a maioría de dous terzos necesaria para a nova chamada ás urnas. O portavoz laborista para o Brexit, Keir Starmer, asegurou este mércores que a proposta de Johnson é «unha trampa» e que o seu partido non apoiará unhas eleccións anticipadas ata asegurarse de que o ‘non deal’ queda fóra da mesa.
40