Boris Johnson defende a retirada das tropas aliadas de Afganistán

1 minutes read

Durante a sesión especial sobre a situación no país asiático, Johnson insistiu en que a posición alí tanto do Reino Unido como de Occidente era xa insostible, máis aínda despois da retirada de Estados Unidos.

«Realmente creo que é unha ilusión crer que calquera dos nosos socios ten ganas de manter unha presenza militar ou unha solución militar imposta pola OTAN en Afganistán», aseguraba Johnson, que lembraba que «esa idea terminou coa misión de combate en 2014.

O Reino Unido traballará cos seus socios internacionais nun plan compartido para apoiar ao pobo de Afganistán e contribuír á estabilidade rexional». Johnson tamén animou aos deputados para «xulgar ao movemento islamita non polas súas palabras senón polas súas accións».