Boris Johnson, na UCI por COVID-19 con «febre alta»

1 minutes read

Boris Johnson atópase en coidados intensivos, tras ser hospitalizado este domingo, ao empeorar o seu estado de saúde polo cadro de coronavirus que presenta.

O primeiro ministro británico, Boris Johnson, foi ingresado nun hospital como medida de «precaución» ante os «síntomas persistentes» provocados polo COVID-19, anunciou este domingo un portavoz de Downing Sreet. Johnson, de 55 anos, informou de que dera positivo polo novo coronavirus o pasado día 27 de marzo e permaneceu illado desde entón na súa residencia oficial en Londres. «Baixo as recomendacións do seu médico, o primeiro ministro ingresou nun hospital para que se lle realicen probas», indicou o portavoz oficial do xefe de Goberno nun comunicado. «Esta é unha medida de precaución, dado que o primeiro ministro continúa tendo síntomas persistentes de coronavirus dez días despois de dar positivo», agrega esa nota.
Downing Street, que ata o de agora mantivo que Johnson había desenvolto «síntomas leves», subliña que non se trata dun ingreso de «emerxencia» e que o primeiro ministro mostra, entre outros síntomas «temperatura alta».