Boris Johnson intentará deste xeito frear a revolta política e popular en que se está a ver envolto cunha caída da súa popularidade de ata o 22 %. Despois das desculpas da semana pasada, a última das decisións que parece tomará o primeiro ministro será a de prohibir o alcol nas dependencias do Goberno no que a prensa inglesa chama xa a imposición da “lei seca”. Espéranse ademais despedimentos dentro do seu círculo máis próximo de asesores por ser considerados os incitadores das nomeadas festas que parecen non ter fin. A última delas, que acaba de saír á luz, a décima, celebraríase en Downing Street no Nadal de 2020 e trataríase da despedida dun dos seus asesores, na que Johnson estaría presente, pero pensaba que se trataba dun evento “estritamente de traballo”.
Inicio Internacional Boris Johnson inicia unha operación de limpeza para tentar acabar co ‘partygate’