Boris Johnson inicia unha operación de limpeza para tentar acabar co ‘partygate’

Boris Johnson intentará deste xeito frear a revolta política e popular en que se está a ver envolto cunha caída da súa popularidade de ata o 22 %. Despois das desculpas da semana pasada, a última das decisións que parece tomará o primeiro ministro será a de prohibir o alcol nas dependencias do Goberno no que a prensa inglesa chama xa a imposición da “lei seca”. Espéranse ademais despedimentos dentro do seu círculo máis próximo de asesores por ser considerados os incitadores das nomeadas festas que parecen non ter fin. A última delas, que acaba de saír á luz, a décima, celebraríase en Downing Street no Nadal de 2020 e trataríase da despedida dun dos seus asesores, na que Johnson estaría presente, pero pensaba que se trataba dun evento «estritamente de traballo”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha