Boris Johnson foi elixido novo líder dos conservadores británicos, o primeiro paso para converterse en Primeiro Ministro do Reino Unido.
Impúxose a Jeremy Hunt na última votación das primarias no partido tory para substituír a Theresa May. Así, Johnson converterase no novo inquilino do 10 de Downing Street cando, tras a protocolaria recepción da Raíña o mércores, se forme o novo Goberno.
A chegada impetuosa de Boris Johnson provoca inquietude en Bruxelas. Partidario do Brexit duro, dixo e repetiu que sacará ao Reino Unido da Unión Europea o próximo 31 de outubro pase o que pase, é dicir, con ou sen acordo.
Ante esta situación, o secretario secretario de Estado para Europa e as Américas, Alan Duncan, dimitiu e outros dous ministros poderían seguir os seus pasos.
Fonte: Euronews