Boris Johnson négase a dimitir

1 minutes read

O primeiro ministro británico, Boris Johnson, insiste en que non vai dimitir polo escándalo do ‘partygate’, as festas celebradas en Downing Street e noutros departamentos do Goberno en pleno confinamento polo coronavirus. Este mesmo mércores, Johnson tivo que someterse a outra tensa sesión de control no Parlamento, na que a oposición lle preguntou unha e outra vez polo caso e reiteroulle as súas peticións de dimisión. Mentres, un grupo de deputados conservadores empezou a enviar cartas para activar unha moción de censura interna que podería acabar por desaloxalo do cargo, segundo avanzan os medios británicos. Os críticos necesitan 54 cartas para desencadear a moción. O portavoz do primeiro ministro xa adiantou que pensa pelexar calquera moción interna e presentarse como candidato nas próximas eleccións.