Quince deputados xa reclamaron publicamente a dimisión do primeiro ministro. Aínda que non todos confirmaron se solicitaron oficialmente esa votación sobre o seu liderado. A Policía investiga doce festexos en que o persoal, incluídos o xefe do Goberno e a súa esposa Carrie, puido romper as restricións vixentes, o que está penalizado con multas. No plano político, unha imputación a Johnson evidenciaría que enganou o Parlamento. Entre as 300 fotos que se analizan sobre as festas en Downing Street durante a pandemia, hai unha da celebración do aniversario de Johnson, o 19 de xuño de 2020, na que aparece cunha lata de cervexa na man. O primeiro ministro argumentou que fora só unha pausa no traballo.