O primeiro ministro do Reino Unido, Boris Johnson, prevé relaxar as restricións contra o coronavirus durante o Nadal para facilitar as reunións familiares, segundo avanzou Downing Street. Incluirá unha pausa nalgunhas das limitacións sociais entre o 22 e o 28 de decembro, aínda que o plan está pendente de que Johnson acorde un calendario similar para todo o Reino Unido cos gobernos autónomos de Escocia, Gales e Irlanda do Norte. Fóra do período do Nadal, as restricións nas rexións máis castigadas pola pandemia serán máis duras que as que se impuxeron en outubro en Inglaterra. O Reino Unido rexistrou este sábado 341 mortes por covid-19 e 19.875 contaxios, fronte aos 20.252 casos e as 511 mortes rexistradas o día anterior.