Boris Johnson propón eleccións xerais en decembro

Fonte: Euronews

  • A formación que lidera Jeremy Corbyn apoiará a chamada ás urnas se desaparece a posibilidade dun «brexit» sen acordo

Este xoves, o primeiro ministro británico, Boris Johnson, anunciou a súa intención de convocar eleccións xerais anticipadas no Reino Unido o próximo 12 de decembro.

Nunha entrevista coa cadea BBC, o primeiro ministro afirmou que outorgará máis tempo aos deputados para debater o acordo do «brexit», pero só se aceptan apoiar a súa chamada ás urnas.

O primeiro ministro pediu aos partidos opositores que sexan «razoables» e dean luz verde a unhas eleccións nas que o mandatario conservador partiría, segundo as enquisas, como favorito.

A formación que lidera Jeremy Corbyn insistiu nas últimas semanas en que apoiará a chamada ás urnas unha vez desaparecese da mesa a posibilidade dun « brexit» sen acordo.

O éxito dos plans de Johnson pode depender, por tanto, da extensión que conceda Bruxelas á data de saída do Reino Unido da Unión Europea (UE), prevista por agora para o próximo día 31.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha