- Donald Trump manifestou que haberá represalias
O primeiro ministro do Reino Unido, Boris Johnson, anunciou este mércores que se gaña as eleccións o próximo 10 de decembro, continuará coa idea de impoñer un novo imposto a xigantes da internet como Facebook, Amazon ou Google.
O presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, é un firme opositor a esta idea e manifestou que haberá represalias.
De acordo coa proposta presentada o ano pasado, as grandes empresas dixitais serán gravadas cun 2% sobre as vendas no Reino Unido desde abril de 2020.
Para o líder conservador é necesario ver os enormes ingresos destas compañías e a cantidade de impostos que pagan, e indicou que ten que haber unha contribución máis xusta.
En Francia tamén se aprobou a «taxa GAFA”, que impón un tres por cento, e coa que París espera recadar uns 400 millóns de euros no presente exercicio.
Trump ameazou ao país francófono con aranceis por valor de 2200 millóns de euros sobre algúns dos seus produtos como viños, queixos ou cosméticos.