O primeiro ministro británico Boris Johnson abandonou o hospital no que foi ingresado hai unha semana ao ter síntomas provocados polo COVID-19. O mandatario chegou en estado consciente á UCI do hospital público St Thomas en Londres, onde ingresou a noite do domingo con febre alta, 10 días despois de dar positivo. Johnson pasou tres noites na unidade de coidados intensivos,e administróuselle osíxeno pero non foi necesaria a aplicación dun respirador, para posteriormente ser trasladado de novo a planta, onde permanecía desde o pasado xoves. Por recomendación médica, o primeiro ministro non se vai a incorporar ao seu posto de traballo e disponse a pasar uns días en Chequers, a súa casa de verán ao noroeste de Londres, tal e como comunicou un portavoz do Goberno.
46