16
Josep Borrell asegura que “ninguén vai recoñecer as anexións” por Rusia dos territorios ocupados de Donetsk, Lugansk, Jerzón e Zaporiyia en Ucraína. Nunha entrevista o alto representante da UE para Asuntos Exteriores abordou a anexión anunciada por Rusia. Borrell aseguro igualmente que “hai que tomar moi en serio” as ameazas nucleares de Putin, falou das restricións de visados na UE para cidadáns rusos e a crise enerxética, asegurando que non haberá cortes na subministración en Europa.