27
Este xoves pola tarde foi presentada nas Eiroas a décimo terceira edición do Torneo F11 Alevín Conservas Calvo que comezará o vindeiro 26 de febreiro. As mellores 24 canteiras de Galicia daranse cita nesta competición non oficial pero avalada pola Real Federación Galega de Fútbol – Futgal . Na presentación acompañaron ao presidente, Luciano Calvo e ao responsable da base, Jesús Capelán, o vicepresidente da federación Juan Villamisar e o delegado da Coruña Manuel Corredoira.